viernes, 13 de junio de 2008

Celso Emilio Ferreiro - Longa Noite de Pedra

O teito é de pedra.


De pedra son os muros


i as tebras.


De pedra o chan


i as reixas.


As portas,


as cadeas,


o aire,


as fenestras,


as olladas,


son de pedra.


Os corazós dos homes


que ao lonxe espreitan,


feitos están


tamén


de pedra.


I eu, morrendo


nesta longa noite


de pedra.




(en recordo dos meus, especialmente do Lois e mailo Eberto.


Eles xa o saben...)



No hay comentarios:

Publicar un comentario

el fil de les bruixes

Amb el fil de les bruixes et vaig lligar un fil vermell com la sang banyat en verd de mar de platja i  flonja herba de bosc ple de floretes ...