miércoles, 9 de abril de 2008

O Lar










alt : http://www.goear.com/files/localplayer.swf




¿Onde quedou

o meu amor polo lar?

¿Perdeuse no camiño

ou é o pó que levo a cavilar?

Non, volve, arrecia, corre,

aprétame no peito ó chegar

e os soños do pasado tornan

pra se convertir en tristura

na doce sensación de amar.

¿Amor pola terra?

¿Saudade?

Esta tristura polo lar

pola xente

polos meus

que chamo na distancia

do vento ó ulular

non é tristura

non son beizos a bicar

meixelas envellidas

polo tempo e a pena de soñar.


Esta tristura non é tal,

esta ledicia choromiqueira,

esta ledicia é o lar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

el fil de les bruixes

Amb el fil de les bruixes et vaig lligar un fil vermell com la sang banyat en verd de mar de platja i  flonja herba de bosc ple de floretes ...